O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibe a membros de DisCamino á súa chegada á praza do Obradoiro de Santiago

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu a benvida a membros de DisCamino á súa chegada á praza do Obradoiro de Santiago tras realizar o Camiño.

Discamino é una asociación que axuda a persoas con discapacidade a peregrinar hasta Santiago. Nesta ocasión, tres persoas puideron cumprir o seu soño de realizar o Camiño, acompañadas de catro pilotos e dúas furgonetas de apoio. Saíron desde Salamanca o pasado 25 de maio e realizaron oito etapas, que culminaron esta mañá.

O presidente, que é membro de DisCamino e en moitas ocasións realizou etapas con eles, felicitou aos peregrinos e animou á asociación a seguir coa súa misión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2024