Medio Rural reforza a súa colaboración coa Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta a prol do fomento desta especie autóctona

Lugo, 31 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co director técnico da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), Iván Rodríguez, para ampliar e reforzar a colaboración en materia de fomento desta raza autóctona.

A Consellería do Medio Rural, na liña de apoiar a estas entidades que traballan a prol das especies autóctonas, vén de concederlle unha axuda a Asoporcel cun importe de 22.000 euros destinada ao aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, á modernización en materia de xenética, sanidade e produción animal, ou á mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024