Martina Aneiros reúnese co presidente da Casa do Mel de Goente para explorar diferentes vías de colaboración con novos proxectos da entidade

Ferrol, 30 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta tarde no seu despacho ao presidente da asociación Casa do Mel de Goente, Manuel Ferreira, co que mantivo unha reunión de traballo coa fin de explorar diferentes vías de colaboración coa Administración autonómica para a posta en marcha de novos proxectos na zona.

O Goberno galego vén colaborando coa entidade a través da liña de axudas á apicultura que convoca cada ano a Consellería do Medio Rural que contribuíu ao desenvolvemento da súa actividade nos dous últimos anos cun investimento próximo aos 124.000 euros.

O encontro forma parte da rolda de contactos iniciada pola delegada territorial tralo seu nomeamento no cargo coa fin de tomarlle o pulso ás principais necesidades e demandas dos Concellos e do tecido socioeconómico da área territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2024