A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Tinería, en Lugo

Lugo, 30 de maio de 2024

A Xunta entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Tinería, en Lugo. Trátase dun estudio dun dormitorio cunha superficie de 34 metros cadrados.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na entrega das chaves á persoa adxudicataria. Destacou que o Goberno galego está avanzando en diferentes proxectos para ampliar o parque de vivenda pública en Lugo, tanto no barrio da Tinería – onde están redactados os plans de rehabilitación de dous inmobles na rúa Catedral e foi adquirido outro máis no Carril dos Fornos - como noutras zonas da cidade.

Lembrou que todas aquelas persoas que queiran acceder ás vivendas que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, un trámite gratuíto que pode facerse online na sede electrónica da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2024