Rueda salienta que O Son do Camiño permite situar a comunidade na elite da música internacional e levar a marca Galicia por todo o mundo

“Son tres días para desfrutar e nos que Galicia vai estar posta no mapa a través da música”, resaltou

 A cita, que arranca mañá no Monte do Gozo, reunirá a 40.000 asistentes para ver a artistas como Green Day, Pet Shop Boys, Ana Mena, Baiuca ou J Balvin

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o festival O Son do Camiño, que mañá inicia a súa quinta edición,  permite situar Galicia “no top da música europea e internacional” e se trata dunha cita que contribúe a levar “a marca Galicia” -vencellada ao Xacobeo- por todo o mundo. 

Rueda visitou este mediodía as instalacións do Monte do Gozo onde se celebrará este certame que reunirá a 40.000 asistentes entre mañá e o vindeiro sábado e que terá sobre o escenario a artistas como Green Day, Love of Lesbian, Baiuca, Pet Shop Boys, Melendi, Ana Mena, Myke Towers, J Balvin ou Thirty Seconds to Mars. 

O titular do Goberno galego fixo fincapé na importancia de este festival á hora de atraer visitantes á comunidade cunha elevada taxa de ocupación hoteleira. “Son tres días para desfrutar e nos que Galicia vai estar posta no mapa a través da música”, resaltou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/05/2024