Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos técnicos municipais as condicións para renovar o firme e calmar o tráfico na estrada AC-414 en Xoane e Cances

A delegada mantivo un encontro co rexedor para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños

Carballo (A Coruña), 28 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para analizar os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio e para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños.

No encontro abordaron a situación na que se atopa a actuación de renovación integral do firme e calmado de tráfico na AC-414 ao seu paso polas poboacións de Xoane e Cances, que se suspenderon para dar tempo a clarexar as cuestións planteadas polos veciños da zona. Belén do Campo trasladoulle o compromiso da Xunta de para acadar unha solución a algún problema particular que poida relacionarse con algunha pendente ou acceso a algunha das vivendas. Neste senso, solicitou  a colaboración do rexedor, para que, a través dos seus técnicos, fagan chegar as propostas dos veciños para ser avaliadas e, no caso de ser tecnicamente posibles, se executarían no momento en que se retomen as obras.

A delegada tamén aclarou que executar estar actuación, que supera os 700.000€ é fundamental para garantir a seguridade viaria porque inclúe a reposición do firme de toda a estrada, incluídos os aparcamentos, a sinalización horizontal, pasos de peóns elevados e sinalización para limitar a velocidade aos camións pesados.

Belén do Campo explicou que desde hai máis dunha semana o Goberno galego púxose a disposición do alcalde de Carballo para aclarar calquera dúbida sobre a intervención e mentres, dado que esta obra de reforzo de firme é máis ampla que esta actuación na AC-414, continuarase noutros tramos, ata que o Concello traslade as solucións propostas para solucionar cuestións concretas que expoñen algúns particulares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/05/2024