Martina Aneiros aborda con veciños e membros da AVV de San Pablo cuestións de interese para o barrio

Ferrol, 28 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta tarde ao Centro Cívico de San Pablo onde mantivo unha reunión con veciños e membros da asociación veciñal cos que abordou cuestións de interese para o barrio.

O encontro encádrase dentro da rolda de contactos cos Concellos e entidades de carácter social e económico emprendida pola representante da Xunta tralo seu nomeamento coa fin de tomar o pulso ás necesidades da zona e establecer prioridades na actuación da Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2024