As Nogais celebra esta fin de semana a Feira da Empanada, que conta co apoio da Xunta de Galicia
2024-05-24
/documents/35297/1053367/240524+Festa+da+Empanada+de+As+Nogais.jfif?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 24 de maio de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, e o alcalde das Nogais, Jesús Manuel Núñez, presentaron hoxe na Delegación Territorial os actos da XVII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares, que se desenvolverá esta fin de semana na localidade.
A cita celebra o día grande o domingo, coa apertura dos postos de venda a partir das 10.00 horas e actuacións musicais durante a xornada. Arias lembrou que a feira está incluída no Pasaporte Gastronómico que promove o Xeodestino Ancares Terras de Burón, “unha proposta turística diferenciada que anima a coñecer mellor este fermoso territorio”.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 24/05/2024