Fabiola García reúnese coa alcaldesa de Boborás para abordar a oferta de servizos sociais da localidade

Boborás (Ourense), 26 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta semana unha reunión coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que repasaron a oferta de servizos sociais do concello e abordaron posibles melloras.

A Xunta promove na localidade ourensá o funcionamento de tres casas do maior e, nos últimos anos, financiou a construción dun parque infantil, a instalación dunha cuberta e a mellora da eficiencia enerxética do Punto de Atención á Infancia (PAI). O Goberno galego traballa para que as familias reciban o apoio que necesitan sen saír da súa contorna.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/05/2024