López Campos participa na asemblea do Padroado do Museo do Pobo Galego por primeira vez en representación da Xunta

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na asemblea do Padroado do Museo do Pobo Galego, na que foi a súa primeira xuntanza como patrón institucional da entidade en representación da Xunta da Galicia.

Na reunión tratáronse os temas corrrespondentes desta sesión ordinaria relativos á xestión da institución, ademais de proceder ao finalizar a impoñer a insignia de ouro do Museo a dous patróns numerarios, Manuel Caamaño Suárez e Xosé Manuel González Reboredo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2024