A conselleira do Medio Rural avanza o impulso ao banco de explotacións nunha reunión co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez, e con membros da directiva desta entidade. Na xuntanza abordáronse os avances na iniciativa do banco de explotacións, recollida no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, e que busca favorecer a remuda xeracional no campo. A conselleira comprometeuse a impulsar esta medida para que poida entrar en funcionamento canto antes.

 

Na reunión tamén se trataron outras cuestións de interese para ambas partes, co fin de establecer vías de colaboración, tales como as axudas da PAC, a recuperación de terras agrarias ou a sanidade vexetal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2024