A Xunta colabora coas exposicións caninas que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Lugo, 24 de maio de 2024

A Xunta de Galicia apoia as exposicións caninas que acollerá mañá sábado e o domingo o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, organizadas pola Sociedade Canina Galega.

 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, que inclúe a 109 e 110 Exposición Nacional Canina e a 49 Exposición Internacional Canina. Arias afirmou que estas citas atraen a multitude de público e participantes e teñen un impacto positivo en Lugo, xa que “dinamizan a economía e amplían a proxección da cidade como destino de congresos e de eventos de todos os ámbitos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2024