O delegado territorial da Xunta destaca o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio local

Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia

Ourense, 23 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia.

O delegado territorial explicou que “estamos a deseñar, da man do sector, o futuro plan estratéxico para o comercio, coa implicación das principais entidades”; e manifestou  que “traballamos na elaboración dun Mapa do Comercio de Galicia, que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes”.

Para a Xunta, subliñou Manuel Pardo, “os centros comerciais abertos teñen un papel relevante como axentes dinamizadores do comercio local, e por iso activaremos unha nova edición da orde de axudas a estas asociacións, dotada con máis de 2,2 millóns de euros”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2024