Fabiola García reúnese co alcalde da Veiga para estudar posibles melloras dos servizos sociais

A Veiga (Ourense), 21 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo hoxe unha reunión co alcalde da Veiga, Juan Anta, na que abordaron posibles melloras dos servizos sociais da localidade. O Goberno galego impulsa recursos de conciliación neste municipio como as dúas casas niño postas en marcha nos últimos anos ou a casa do maior, que ofrece cinco prazas de atención diúrna.

A Xunta mantén unha colaboración estreita con todos os concellos galegos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños desde o berce e ata o bastón. Ademais dos servizos anteriormente citados, o Goberno galego axuda ás persoas con dependencia deste concello que son coidados nos seus fogares a través do Bono coidado no fogar, unha axuda de 5.000 euros ao ano universal, sen importar o grao de dependencia ou a situación económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2024