A Xunta recibe 9 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

Con esta intervención, licitada por máis de 2 M€, acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo

Os traballos centraranse na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade 

A previsión é adxudicar as obras en xullo e inicialas no mes de agosto

A Xunta segue a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu 9 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña. 

Este intervención, licitada por máis de 2 M€, ten como obxectivo a mellora das características funcionais da vía e súa seguridade viaria en distintos treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.

A previsión da Xunta é adxudicar as obras no mes de xullo e comezar a execución no mes de agosto, cun prazo de execución de 5 meses.

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación.

 

Data de actualización: 21/05/2024