A Xunta defende en Madrid a contribución do sector forestal á loita contra o cambio climático

Madrid, 20 de maio de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe en Madrid no seminario de presentación do proxecto Eco2for, financiado pola Fundación Biodiversidad, no marco da última convocatoria de proxectos sobre bioeconomía forestal. 

Neste foro no que interveu Aboal, falouse de como mellorar a contribución do sector forestal á loita contra o cambio climático a través de proxectos forestais de carbono que atraian investimento privado e contribúan ao desenvolvemento económico en áreas rurais, especialmente as que presenten altos niveis de despoboación.

O evento, celebrado no Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, centrouse na análise da actual situación da cadea de valor dos sumidoiros forestais de carbono e no fomento da colaboración nesta innovadora cadea de valor. O panel de expertos no que Galicia foi protagonista xunto a Asturias abordou a situación dos mercados voluntarios de carbono nas comunidades autónomas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2024