O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente fundador de Autismo Ourense

Manuel Pardo agradeceu ao presidente fundador da entidade, Virgilio Montes,  o seu labor  diario, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a  autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda a familia

Ourense, 20 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladou ao presidente fundador da Asociación de Autismo de Ourense, Virgilio Montes, e á coordinadora de servicios, Lucía Maceiras, a total colaboración do Goberno galego no traballo pola maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas con autismo (Trastorno do Espectro Autista).

O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense.

Manuel Pardo analizou xunto aos responsables de Autismo Ourense o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación de nais, pais e titores, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a  autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda a familia.

O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando polo desenvolvemento individual das persoas con autismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2024