A Xunta pon en valor os labores tradicionais do agro na 50ª celebración das carrozas do San Cidre en Boqueixón

Boqueixón (A Coruña), 19 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na 50ª celebración do desfile das carrozas do San Cidre que se leva a cabo nesta localidade coruñesa, concretamente na parroquia de Oural, para exaltar as tradicións e actividades agrogandeiras do rural galego.

Neste festexo, a conselleira do Medio Rural resaltou que os labores tradicionais do agro que nestas carrozas se reflicten contribúen a unir á xente do rural e forman parte do acervo colectivo que nos define como pobo, polo que é importante preservalos. Ademais, sinalou que non se pode entender o presente e dirixirse ao futuro sen coñecer e respectar o pasado. Por último, agradeceu a todos os implicados nesta celebración por acadar este medio século poñendo en valor as actividades agrogandeiras tradicionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/05/2024