Diego Calvo asiste á segunda xornada da competición internacional “Karate 1 Youth League”

A Coruña, 17 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á segunda xornada da Karate 1-Youth League A Coruña 2024, que se celebra ata o domingo. Durante a visita, Diego Calvo coñeceu o desenvolvemento da competición, hoxe centrada na categoría júnior, e tivo ocasión de saudar catro dos integrantes da representación galega que forman parte da selección española: Alba Rocha, Eva Rodríguez, Uxía Folgueira e Roque Mazoy.

O evento deportivo, impulsado pola Real Federación Española de Karate e Disciplinas Asociadas coa colaboración da Federación Galega de Karate, xunta máis de 3.000 deportistas de entre 12 e 20 anos de 77 países. España achega case 600 deportistas, dos que medio cento son galegos pertencentes a 16 clubs da comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024