A Xunta pon en valor o labor de Alcer na procura dunha maior saúde física desde a infancia

Nigrán (Pontevedra), 19 de maio de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no encontro de familias con menores con enfermidade renal de Galicia organizado pola Federación Alcer na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Durante o encontro puxo en valor o labor desta entidade na procura dunha maior saúde física desde a infancia para o cal a Consellería de Política Social e Igualdade mantén con ALCER un convenio de colaboración por un importe de 37.000 euros.

Neste sentido, Jacobo Rey lembrou que o Goberno galego traballa da man do tecido asociativo galego para poñer en marcha programas de concienciación, sensibilización e visibilización que axuden a que a sociedade teña máis información sobre estas enfermidades e saiba como previlas. Agradeceu o seu esforzo e animounos a seguir realizando encontros coma este que serven para poñer en común conductas saudables entre nenos, mozos e maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/05/2024