Fabiola García participa no ‘Galeguímetro’ de Amicos en Porto do Son

Porto do Son (A Coruña), 17 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá o stand que a asociación Amicos instalou no Porto do Son con motivo do Día das Letras Galegas.

A conselleira participou no concurso O Galeguímetro, co que usuarios e técnicos desta entidade de atención a persoas con discapacidade, percorren diferentes concellos da comarca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024