A Xunta e A Veiga afondan en vías de colaboración en asuntos de interese para este concello ourensán

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión co alcalde da Veiga, Juan Anta, para afondar nas vías de colaboración con esta localidade ourensá.

Nesta xuntanza abordaron temas de interese para ambas entidades, como é o plan piloto de recuperación de soutos tradicionais que se está a levar a cabo neste concello ou o fomento da gandaría en extensivo nesta zona de montaña, entre outras cuestións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2024