O secretario xeral de Vivenda da Xunta incorpórase á comisión executiva da Asociación Española de Xestores Públicos de Vivenda e Solo

Heriberto García Porto foi elixido para o cargo na asemblea xeral da asociación, celebrada en Madrid

Santiago de Compostela 19 de maio de 2024

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, incorporouse á comisión executiva da Asociación Española de Gestores Públicos de Vivienda y Suelo (AVS), da que forma parte o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

García Porto foi elixido para formar parte da executiva na última asemblea de AVS, que se celebrou en Madrid.

A Asociación Española de Gestores Públicos de Vivienda y Suelo é unha entidade de ámbito estatal que agrupa organizacións e institucións destinadas ao desenvolvemento de vivenda pública da que forman parte máis de 160 institucións como comunidades autónomas, concellos, deputacións e empresas públicas dependentes delas dedicadas á promoción de vivenda, xestión de solo, urbanismo e servizos.

En Galicia a Asociación conta unicamente con tres membros: o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as empresas municipais de vivenda da Coruña e Lugo. No resto de España, multitude de concellos, dende capitais de provincia a outros de mediano tamaño, que promoven vivenda pública forman parte desta asociación.

Data de actualización: 19/05/2024