A Xunta pon en valor a aposta do sector mineiro pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética

O Incio (Lugo), 16 de maio de 2024

A director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe as instalacións da empresa Magnesitas de Rubián, que puxo como exemplo da aposta que está a facer o sector mineiro en Galicia pola sustentabilidade e a autosuficiencia enerxética a través das enerxías renovables.

Fernández Vila tivo a oportunidade de ver o funcionamento da planta fotovoltaica de autoconsumo e os fornos dos que dispón esta empresa mineira, da que salientou, con máis de 40 persoas traballadoras, que tamén constata como este sector contribúe a xerar emprego e fixar poboación no rural galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2024