A Xunta inicia as obras de mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 €

Os traballos están a comezar na estrada AC-414, na que se actuará sobre 3,6 quilómetros de lonxitude renovando toda a capa de rodaxe

Nesta estrada AC-414 tamén se levará a cabo a instalación de redutores de velocidade

Na AC-400, ao paso por Carballo, acometeranse traballos de rehabilitación do firme

Estas obras forman parte dun contrato máis amplo que tamén inclúe o acondicionamento da AC-455 e suporá un orzamento conxunto de 3,6 M€

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada AC-414 e na AC-400 no concello de Carballo, que suporá un investimento autonómico de 763.000 euros.

Os traballos están a comezar na estrada AC-414 en Carballo, constituída por dous treitos antigos da vía AC-418, e permitirán actuar en algo máis de 3,6 quilómetros de lonxitude, renovando completamente a capa de rodaxe.

Esta actuación tamén incluirá, ao remate dos traballos de mellora do firme, a instalación de redutores de velocidade nestes treitos da AC-414.

Na estrada AC-400, ao paso polo citado municipio, tamén se realizarán accións de rehabilitación do firme.

As obras nestas dúas estradas forman parte dun contrato máis amplo que tamén inclúe o acondicionamento da estrada AC-455, nos seus percorridos polos municipios de Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra, e suporán un investimento conxunto de 3,6 M€.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa traballando na conservación das estradas autonómicas, a través do Plan de reforzos de firmes, co fin de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade en condicións eficientes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2024