A Xunta inaugura o II Encontro Formativo sobre os servizos de educación e apoio familiar

Carballiño (Ourense), 15 de maio de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou o II Encontro Formativo sobre os servizos de educación e apoio familiar (SEAFs) organizado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) e apoiado pola Xunta de Galicia.

 

A Residencia de Tempo Libre do Carballiño acolle entre hoxe e mañá unhas xornadas nas que se abordarán cuestións como a perspectiva feminista na Educación Social, os SEAFs como espazos xeradores de tempo de lecer de calidade nas familias ou actividades de autocoidado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2024