Iurisgama organiza na Casa de Galicia en Madrid unha conferencia para abordar os riscos psicosociais no ámbito laboral

Madrid, 15 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu a Dra. Reyna Briz Franco Ortiz, organizada pola Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, e que leva por título “Riscos psicosociais e calidade de vida, retos e perspectivas en México”.

A conferencia tivo por obxecto analizar os riscos psicosociais derivados da operación empresarial, a súa desconexión coa normativa e o seu enfoque baseado en dereitos humanos, “o cal resulta esencial para construír unha contorna laboral máis xusto , seguro e produtivo, beneficiando tanto aos traballadores como ás empresas”,  dixo a conferenciante Briz Franco, que foi presentada polo presidente de Iurisgama, Carlos Lema.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2024