O delegado territorial da Xunta visitou esta mañá as instalacións do Centro Residencial Ocupacional de Velle

Manuel Pardo destaca o traballo de Aspanas a prol da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

Ourense, 14 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á sede de ASPANAS (Asociación de Pais a prol das Persoas con Discapacidade intelectual de Ourense), dentro da rolda de contactos que está a manter cos distintos axentes económicos e sociais da provincia.

Nas instalacións do centro mantivo un encontro con membros da súa directiva, entre eles,  a súa presidenta, Susana Losada,  que informou ao delegado territorial dos proxectos que están a levar a cabo no eido das necesidades das persoas que sofren algún tipo discapacidade.

Manuel Pardo amosoulle o compromiso da Xunta de Galicia con ASPANAS polo seu labor  exemplar que desenvolven a diario a prol de mellorar a  calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como a integración individual e a normalización do súa propia contorna.

O delegado territorial explicou que ASPANAS ofrece servizos de atención a persoas adultas con discapacidade psíquica, centro ocupacional, centro residencial, pisos tutelados, centro especial de emprego, servizos de ocio e tempo libre, club deportivo e servizos de internado permanente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2024