A Xunta reforza a súa colaboración co colectivo veterinario a prol do rural galego nunha reunión co Colexio Oficial de profesionais da provincia de Lugo

Lugo, 10 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mediodía un encontro co presidente e membros da directiva do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.

A reunión serviu como primeira toma de contacto entre os responsables de Medio Rural e este colectivo, de cara a reforzar a colaboración institucional existente. Na xuntanza abordáronse diferentes temas de interese para o agro galego, como son o veterinario de explotación, a necesidade de fomentar un incremento do valor engadido das producións agrogandeiras, a promoción do consumo de carne entre a cidadanía ou o reforzo da atención ás enfermidades emerxentes do gando, entre outras cuestións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024