Ana Ortiz amosa aos hostaleiros a "excepcional oferta formativa" da Escola de Hostalaría do CIFP Manuel Antonio, o maior centro educativo de Vigo
A delegada territorial da Xunta fixo un percorrido este luns pola escola viguesa xunto con representantes de Ahosvi e Feprohos
Vigo, 9 de maio de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este xoves a Escola de Hostalaría do CIFP Manuel Antonio xunto con representantes da Asociación de Hostalaría de Vigo (Ahosvi) e a Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedrda (Feprohos).
Durante o percorrido, a representante autonómica destacou a oferta formativa da escola que destaca pola súa traxectoria e prestixio dende fai xa 24 anos na nosa cidade. “Estamos no maior centro educativo de Vigo, con máis de 1.600 alumnos, e ante unha formación dunha calidade oferta excepcional”, sinalou.