Villares pon en valor a potencia pesqueira galega e pide que se escoiten as súas necesidades en Europa

Vigo, 9 de maio de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a potencia e vigor da cadea mar-industria galega e reclamou que as súas demandas sexan atendidas polas institucións comunitarias. Así o manifestou durante o encontro cos responsables da empresa Pescapuerta que enmarcou nunha ronda de contactos con diferentes entidades do sector pesqueiros cos que manter un diálogo fluído para coñecer as súas demandas e necesidades e valorar vías de colaboración e liñas de traballo en favor dunha actividade estratéxica para Galicia. O responsables autonómico sinalou a importancia social desta industria polo seu papel de motor económico e que xeración de emprego de calidade na comunidade. Alfonso Villares subliñou cos ollos postos nas próximas eleccións europeas que resulta fundamental que na nova Comisión resultante dos comicios se disgreguen os departamentos de Pesca e Medio Ambiente dada a experiencia dos últimos anos nos que compartían o mesma carteira.

A pesqueira Pescapuerta conta con máis de 60 anos de actividade e está considerada como un dos holdings máis importantes no ámbito do pescado conxelado en España. A súa sede central está en Vigo, o que permitiu estar sempre nunha posición privilexiada á hora de desenvolver o seu negocio así como na procura de novos socios. Proba diso é que ten relación con máis de 70 países en cinco continentes. Na actualidade, conta con máis de 500 empregados, entre persoal de terra e embarcado, e acumula un volume de vendas que se aproxima aos 300 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 09/05/2024