A Xunta colaborará na organización das Xornadas Micolóxicas e Forestais do concello de Mos

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para afondar nas vías de colaboración con esta localidade pontevedresa.

 

Nesta xuntanza, na que tamén se abordaron outros temas de interese para ambas entidades, María José Gómez adiantou que a Consellería do Medio Rural colaborará co Concello na organización das Xornadas Micolóxicas e Forestais, que se celebran cada outono en Mos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024