A Xunta apoia a iniciativa Competemar para favorecer a internacionalización das empresas pesqueiras

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na inauguración na capital galega do primeiro módulo do curso formativo posto en marcha no marco do programa para a Mellora Competitiva das Empresas do Mar (Competemar) organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e que está financiado pola Consellería do Mar. O obxectivo é formar aos responsables das 22 entidades participantes en temas como estratexias de internacionalización, identificación de mercados, marketing, loxística, operacións internacionais ou misións comerciais.

O programa Competemar é unha aceleradora de internacionalización coa finalidade de proporcionar un paquete completo de servizos para impulsar a implantación internacional e o desenvolvemento comercial ás empresas da cadea mar-industria. Esta orientada a dous mercados obxectivos escollidos seguindo a experiencia acumulada pola Consellería do Mar así como as expectativas o sector que foron Francia e Estados Unidos. Entre os servizos ofertados están o programa de formación e capacitación, o servizo de información sobre negocios e mercado obxectivo, misións comerciais, eventos B2B, matchmaking e networking nos mercados obxectivo ademais de cheques de internacionalización para apoiar a participación das empresas nas misións internacionais.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 08/05/2024