Martina Aneiros recibe na delegación territorial da Xunta a membros da ONG de busca e rescate Briegal

Ferrol, 6 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta tarde un encontro con membros da ONG Briegal, dedicada a intervencións de busca e rescate en situacións de emerxencia. Durante o encontro, os responsables da asociación avanzaron á representante do Goberno galego o proxecto no que participan actualmente preto dunha trintena de voluntarios na procura de posibles vías de colaboración.  

A reunión enmárcase dentro da rolda de contactos con diferentes entidades de carácter social, municipal e empresarial que a delegada territorial vén mantendo desde a toma de posesión do cargo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2024