A delegada territorial da Xunta en Ferrol asiste no teatro Jofre á entrega do "XX Premio José Couso de Liberdade de Prensa"

Ferrol, 3 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde ao acto de entrega da vixésima edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que este ano recaeu nas xornalistas iranianas Nilafur Hamedi e Elahe Mohammadi.

O Premio José Couso de Liberdade de Prensa é un recoñecemento impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, en colaboración co Concello de Ferrol, co obxectivo de difundir o labor dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha destacada traxectoria profesional, libre e independente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2024