Martina Aneiros acude aos actos de homenaxe ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria

Ferrol, 3 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta mañá aos actos con motivo da homenaxe ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria, organizados pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Dentro da programación, tivo lugar unha misa presidida polo bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, e un ágape posterior na Sala Curuxeiras.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 03/05/2024