A delegada territorial da Xunta en Ferrol aborda co promotor das Meninas de Canido as posibles vías de colaboración de cara á vindeira edición do festival

Ferrol, 2 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro co promotor do festival de arte urbano Meninas de Canido, Eduardo Hermida, para analizar as posibles vías de colaboración da Administración autonómica coa vindeira edición desta cita que cada ano atrae ao barrio ferrolán a milleiros de persoas.

Aneiros lembrou que a Xunta de Galicia vén colaborando nos últimos anos con este festival que se ten convertido nun referente turístico da cidade na época estival e trasladoulle a Hermida o compromiso do Executivo autonómico de seguir traballando de forma conxunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/05/2024