A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, expón nunha xornada en Valencia as medidas da Xunta para axilizar a tramitación dos planeamentos

Valencia, 30 de abril de 2024

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe na IV Edición do Curso Superior de Ordenación del Territorio, Planeamiento, Urbanismo y Regeneración Urbana, organizado pola Agrupación de Arquitectos Urbanistas da Comunidade Valenciana.

Encarnación Rivas expuxo as medidas que a Xunta ten implantado nos últimos anos para acadar a simplificación e a axilización na tramitación dos planeamentos urbanísticos, fixándose como prioridade estratéxica a procura da maior seguridade xurídica e transparencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2024