María Martínez Allegue aborda co alcalde de Cartelle a tramitación do Plan Básico Autonómico neste concello

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa Seara.

Neste encontro o rexedor ourensá trasladoulle á conselleira a súa preocupación acerca da tramitación do Plan Básico Autonómico, tralo informe desfavorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Martínez Allegue comprometeuse a analizar unha situación,  que ademais non é exclusiva deste concello.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2024