O titular de Mar mantivo un encontro de traballo co rexedor da localidade

Alfonso Villares traslada ao alcalde de Mañón os avances na tramitación da reversión da caseta do Porto de Bares

O conselleiro do Mar abordou otros asuntos de interese para o municipio como a reparación do dique flotante danado a causa dun temporal do nordés o pasado 21 de abril   

Mañón (A Coruña), 30 de abril do 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, o patrón maior da confraría de O Barqueiro, Antonio Gómez, e a representante da agrupación de mariscadoras, Cristina Trasancos, para abordar os principais asuntos de interese do sector pesqueiro desta zona. Na xuntanza, o responsable autonómico trasladou ao rexedor mañonés os avances na tramitación por parte de Portos de Galicia da reversión da caseta do porto de Bares. O procedemento está moi avanzado e desde Portos se manterán contactos nos vindeiros días para seguir avanzando na tramitación.

Por outra banda, o titular de Mar tratou cos profesionais do mar a situación do dique flotante no porto do Barqueiro que sufriu a rotura dunha peza de anclaxe o pasado 21 de abril, días despois da súa instalación, a causa do temporal do nordés. Alfonso Villares destacou que desde Portos de Galicia se está traballando coa empresa para que se acometa o antes posible a súa reparación e na avaliación doutras posibilidades técnicas que permitan o reforzo do abrigo. Nesta liña subliñou que o mesmo día 22 de abril desprazáronse varios técnicos para axilizar esta actuación que corresponde á empresa responsable desta obra que aínda non fora recepcionada polo ente público.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 30/04/2024