A delegada territorial en Ferrol avalía co xerente do GDR Seitura 22 o estado de execución dos proxectos financiados coas axudas de desenvolvemento rural

Ferrol, 29 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22, Miguel Teixido, co que avaliou o estado de execución dos proxectos financiados cos fondos da medida Leader, cofinanciada pola Unión Europea, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e correspondentes á anualidade 2023-2024.

O GRD Seitura 22, ao que están adscritos os municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, é o encargado de xestionar sobre o territorio os mencionados fondos europeos. Esta convocatoria de axudas financia actualmente unha decena de proxectos no ámbito territorial.

O encontro celebrado esta mañá enmárcase dentro da rolda de contactos con Concellos, axentes sociais e tecido socioeconómico iniciada tralo recente nomeamento da delegada territorial para tomar o pulso ás necesidades da área.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2024