Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

O lume afectou unha superficie de 30,59 hectáreas, das cales 29,09 corresponden a monte arborado e as 1,5 restantes a raso

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas, quedou extinguido ás 19,57 h. de hoxe.

O lume iniciouse ás 22,08 h. da pasada noite e afectou unha superficie de 30,59 hectáreas, das cales 29,09 corresponden a monte arborado e as 1,5 restantes a raso. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 14 axentes, 29 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 1 tractor e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/04/2024