Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

A Consellería do Medio informa que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas, está estabilizado dende as 13,22 h de hoxe.

O lume iniciouse ás 22,08 h da pasada noite e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 14 axentes, 26 brigadas, 23 motobombas, 1 pa, 1 tractor e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/04/2024