Activo un incendio forestal no concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

O lume iniciouse ás 22,08 h da pasada noite e segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

A Consellería do Medio informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas

O lume iniciouse ás 22,08 h da pasada noite e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas e 1 pala.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/04/2024