Activo un incendio forestal no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Consellería do Medio informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi.

O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 1 pala, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 23/04/2024