Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, que finalmente se localizou na parroquia de Leroño, está estabilizado dende as 5,21 h desta mañá e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas.

O lume iniciouse ás 17,54 h da tarde de onte e polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 29 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 23/04/2024