O delegado territorial entrega os carnés a 35 efectivos da Protección Civil

O acto involucrou ás agrupacións de Dozón, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Moraña, Poio, Tui, Valga e Vilanova de Arousa

Reguera destacou o traballo incansable e desinteresado da Protección Civil

 

Pontevedra, 22 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu esta mañá o acto de entrega e renovación de carnés dos efectivos da Protección Civil. 

O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 35 carnés a efectivos das agrupacións de Dozón, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Moraña, Poio, Tui, Valga e Vilanova de Arousa. 

O delegado territorial aproveitou o acto para agradecer o “traballo incansable e desinteresado” de todos os voluntarios e asegurou que o seu labor é “imprescindible e admirable”. 

Reguera rematou o acto desexando “éxito e tranquilidade” para esta tempada de verán. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/04/2024