A Xunta pon en valor a importancia de eventos coma a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto na dinamización do rural galego

Riotorto (Lugo), 21 de abril de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, asistiu esta mañá á XV Feira da Artesanía do Ferro que se celebra nesta localidade lucense.

Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/04/2024