A rede Galega de Promoción da Saúde e Quérote+ colaboran para achegar á sociedade ferramentas para levar estilos de vida saudables

A Consellería de Sanidade está a reunirse cos centros Quérote+ a nivel local para preparar actividades en común

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

A Rede galega de promoción da saúde (REGAPS) e a coordinadora de Quérote+ comezaron a reunirse nos últimos meses nas diversas sedes galegas para establecer iniciativas coas que achegar á sociedade ferramentas para poder levar estilos de vida saudables.

Entre as posibles colaboracións destacan actividades no ámbito do benestar emocional, da prevención de adicións, da saúde sexual ou a incorporación de recursos ao  mapa de activos Atopa Saúde, onde localizar opcións para exercitar a saúde física e mental.

Estes encontros leváronse a cabo entre o persoal da Consellería de Sanidade e de Quérote+ a nivel local para ofrecer solucións á cidadanía da forma máis próxima posible.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/04/2024