A Xunta destaca o traballo da fundación Degén para avanzar en proxectos que melloren a calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas

Oleiros (A Coruña), 12 de abril de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo; a conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García; e o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asistiron hoxe á gala benéfica organizada pola Fundación Degén, na que se presentaron os principais proxectos liderados pola entidade aos representantes do tecido social, cultural e empresarial asistentes.

 

Diego Calvo puxo en valor o legado de Alberto Amil, que dirixiu a fundación nos últimos anos e precisamente no acto de hoxe cedeu a presidencia pasando a ocupar o cargo de presidente honorífico. Así, lembrou a loita levada a cabo por Amil por mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas desde que foi diagnosticado de párkinson en 2011 e desde 2015 coa Fundación Curemos el Párkinson, que foi medrando ata consolidarse en 2021 na actual Fundación Degén.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/04/2024